Actualizado en data 15/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Ponte do Pasatempo

Dona Isabel de Castro, esposa do Mariscal, debía ser unha muller valente e decidida que se crecía ante as dificultades e non renunciaba á loita ata agotar todas as posibilidades. Desprazouse rapidamente á Corte, suplicou ós Reis, invocou os servizos feitos polo seu esposo á Coroa "... mi vasallo e mi guarda...", como o chamaba nunha carta Enrique IV e conseguíu o perdón real que xa noutra ocasión lle ofreceron.
Contan que dona Isabel, acadando o perdón que desexaba, púsoxe rapidamente en camiño para impedir a execución dos nobles presos, pero sospeitándoo o seu inimigo, o bispo D. Fadrique de Guzmán, manda activar a súa vinganza (que era máis vinganza que castigo cando así ae atropelaba a clemencia dos Reis), pero non a detivo tanto que non avistase a cidade a desdichada señora nos momentos da saída para o suplicio do seu esposo e fillo. No primeiro lugar que está na saída dos arrabais de Mondoñedo polo camiño de Castela, enviados do bispo e señor de Mondoñedo, e tamén de carácter sacerdotal, saíron a entreter a dona Isabel e facerlle pasalo tempo mentres as cabezas dos indultados eran desprendidas do seu tronco pola coitela do verdugo. Hoxe consérvase no lugar dúas memorias do suceso, unha cruz e o nome de Pasatempo.
Cóntase que tanta presa se deu o verdugo para cumprir a súa misión que non deu tempo ós condenados para rematar de rezar o credo en voz alta, polo cal a cabeza rodou polo tablado pronunciando claramente as últimas palabras desta oración. Tamén se di que o verdugo ou xuíz que asistía á execución, ó recibir da esposa o prego do indulto, pronunciou estas duras palabras,:
-­ Se de orde dos monarcas erades a mensaxeira da vida, podedes volver á Corte e dicirlle ós Reis que agora sodes a mensaxeira da morte.
A animosa viúva do mariscal retirouse á súa fortaleza de Castromor onde finou ó pouco tempo. A súa filla dona Beatríz casou co seu parente D. Pedro Bolaño Rivadeneira, señor de Torés. A outra, dona Constanza casou primeiro con D. Galeor Osorio, nobilísimo parente seu e en segundas nupcias con Fernán Ares de Saavedra, o que morto o seu pai, fíxose forte no castelo de Vilaxoán ou Caldaloba que, despois de porfiada resistencia, se rendiu ás tropas reais.
No Museo Provincial de Lugo atópase unha cadea formada por vintecatro grosos elos de ferro con argola terminal, coñecida co nome de "A Mariscala" e da que se di servíu para ter preso a Pardo de Cela en Mondoñedo.

Lugar da lenda
Nos arrabais da cidade de Mondoñedo, polo lugar de saída ó camiño de Castela, existe unha ponte cunha cruz que leva o nome de "Pasatempo", onde sucederon os feitos. Mondoñedo, ilustre cidade, sé episcopal herdeira das de Dumio e Britonia, fértil val rodeado de altas montañas nas que destaca A Frouxeira, anteporta do Cantábrico polo curso do río Masma; berze de fidalgos e poetas, cidade adormecida nos séculos da súa historia, foi testemuña das aventuras e desventuras de donPedro Pardo de Cela, inquedo, altivo e case indómito Mariscal.

Data
O 17 de decembro de 1483 é o día luctuoso da súa decapitación na Praza Maior de Mondoñedo, en fronte da catedral onde o seu cadáver recibíu sepultura ó día seguinte. Os feitos que tan tráxico fin tiveron, comenzaron moito antes, co seu primeiro enfrontamento coa Mitra de Mondoñedo, o seu más implacable inimigo, co que a súa familia disputou lugares, terras e vasalos durante largos anos.

Protagonista
D. Pedro Pardo de Cela, Mariscal, Xustiza e Comendeiro do Bispado de Mondoñedo, señor de lugares e feudos con moitos vasalos, fillo de Juan Núñez Pardo "El Viejo", merino do Conde de Lemos, señor da Torre de Cela, da Mahía e outras xurisdiccións e da súa esposa Violante Rodríguez de Aguiar, ambos de ilustres familias. Don Pedro casou con dona Isabel de Castro, filla do poderoso Conde don Pedro Osorio, señor de Rivera, Cabrera e do Coto de Balboa e de dona Beatriz de Castro e Castela, señora da Casa de Lemos, Condesa de Lemos, Villafranca e Ponferrada, irmá do Duque de Arjona, neta do infante D. F


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: