Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Trambelosríos

Falando de dous dos ríos da nosa comarca dicían os nosos antergos que alí onde se xuntan hoxe o río Sarria e o Neira, nos lindes entre os concellos de Láncara e O Corgo, na provincia de Lugo, no lugar de Trambeloríos, houbo, hai como moitísimo tempo, alí a carón, como unha cativa aldea coa súa igrexa.
É de supoñer que daquela aínda estes dous ríos non se xuntarían neste lugar concreto pero co tempo e debido á posible variación dos cauces, a aldea foise afundindo para quedar asolagada totalmente polas augas.
Disque moito tempo despois de todo aquilo, e cando naqueles duros invernos de moita enchente que coañaban os leitos abandonados como debullados. Algúns chegaron a asegurar que nos claros mediodías dos meses de verán por intres podíase albiscar aínda o cumio do campanario da igrexa de Trambelosríos.

[Texto remitido por Eladio Bernabé Fernández, residente en Chousa, O Corgo (Lugo). Esta lenda foi escoitada dun que xa morreu, e a el tamén lla contaran os seus devanceiros. Mesmo, non se sabe o motivo, alí, nas augas da confluencia, deixaron a vida unhas tres persoas]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Din que en Trambelosríos
ai unha aldea agochada
onde o Neira e o Sarria
xuntan coma irmandados

E ala polas medio días
cando o sol máis quenta
din que se pode albiscar
a punta do campanario.

Eso contaban os vellos
dando fe deste poboado
o foise pasando a lenda
ata as datas que estamos.

Para que quede constancia
contábao Enrrique Mourelo,
e deixa este feixe de letras
un tal Bernabé Castedo.

Galiciacontos, blogspot.com




Enviado por Eladio Bernabé Fernández, residente en Chousa, O Corgo (Lugo o 23/11/2016 ás 2:43:19


Enviar comentario a este artigo: