Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Calendario

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Entroido: Lardeiros e Lardeiras

En Vilariño de Conso (Ourense) o Entroido comeza o Xoves de Compadres no que as mozas lles rouban pezas de roupa aos mozos para facer o Lardeiro, un moneco que colocan nun sitio de acceso complicado (árbore, balcón, pao,...). Mentres os rapaces non consigan baixalo de onde está serán motivo de burla por parte das mozas. O xoves seguinte, o de Comadres, é ao revés. Son os mozos os que fan a Lardeira con roupa roubada ás mozas e póñena nun lugar visible pero complicado de chegar. Na parroquia de Mones, concello de Petín (Ourense) dinlle Lardeira a unha moneca con cara de nabo, pernas de pao e vestiario de papel que se fai para o Entroido. Ponse no extremo dun varal e paséase polo medio da xente, que trata de collela, ou lévase á casa dun veciño para que este a leve á casa doutro, e este a cas doutro, e así sucesivamente.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: