Actualizado en data 12/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Calendario

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os trasnos Trubincos

Sabemos dos trasnos Trubincos polo libro de Rafael Quintía PereiraPatrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas”, onde nos conta:

En Salcedo atopamos unha particular variedade de trasno que vén facer fincapé na riqueza que ten Galicia en seres míticos. Refírome ós Trubincos, e deles faloume o Sr. Juan Piñeiro, da Cancela. Os Trubincos son unha caste de trasnos propios do Nadal. Estas criaturas amigas do enredo e de remexe-las cousas, baixan pola cheminea na noite de Noiteboa e se na casa non se teñen preparadas unas piñas con brea para darlles de agasallo fanche trasnadas e revólvenche todo no fogar”.

A ilustración para o libro citado é obra de Francisco Sutil

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: