Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2016

19 de marzo de 2016, 19:00 h.
Casa do Saber / Vicerrectorado da USC-Lugo
Co apoio das Áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo, e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela
A AELG pretende facer máis visíbel ante a sociedade a literatura de tradición oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral», terá lugar o 19 de marzo, na xornada previa ao Día da Narración Oral.

O obxectivo principal da Gala é a entrega dos IV Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se concede a dous informantes de literatura popular, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional.

A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, aprobada na Asemblea xeral de Socios-as, foi a de outorgar os premios de 2016 a Dolores Macías Pose e Mini e Mero.

No acto, ademais dos premiados, intervirán o grupo de gaiteiros Lúa chea de San Xoán, o acordeonista Eloi Mato, Matilde Vilariño e Francisco Almuíña.

Entrada libre até completar aforo.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: