Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

VII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Amuletos e reliquias. Usos e crenzas

VII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Amuletos e reliquias. Usos e crenzas


Lugo | 25 de outubro 2014
Salón de Actos da Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
Entrada libre e gratuíta
Entidades convocantes: ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA e AELG
Co patrocinio da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo
__________
_____Falaremos de usos e crenzas arredor de amuletos e reliquias, esas cousas boas que fan de intercesores entre os humanos e as potencias (sexan estas deuses ou demos) do sobrenatural. Os amuletos son obxectos, xeralmente pequenos e portátiles, que atendendo á forma ou ao material do que están feitos usáronse e aínda se usan, segundo crenzas ben arraigadas, para atraer a sorte ou para afastar o mal. As reliquias teñen a orixe no martirio dos primeiros cristiáns, cuxos restos eran conservados e venerados. No século XVI o Concilio de Trento acrecentou este tipo de culto e propagou a fe masiva nos seus efectos beneficiosos, pondo en marcha, de paso, un fascinante negocio. Estoxos, medallóns, escapularios ou relicarios con presuntos fragmentos do corpo ou de lugares santificados son o gran reclamo comercial de catedrais, igrexas e santuarios, como o é a posesión e a manipulación de amuletos para toda caste de taumaturgos. Contaremos co saber de especialistas como Mª Rosa dos Santos Capelão, investigadora das funcións, usos e prácticas das reliquias ou “santas medicinas” en Portugal, Eusebio Rey Seara, historiador especialista en amuletos da época romana en Galicia, o escritor Calros Solla, propietario dunha colección de máis de 300 amuletos e talismáns (alicornos, pedras da pezoña …) e con Alfonso Blanco Torrado, crego rural con longa experiencia como observador dos usos, tanto de amuletos como de reliquias. Maxia, fe, razón, superstición? Velaí a cuestión.

_____PROGRAMA
10.15 h
Recepción, entrega de material e inauguración
10.30-11.30 h
Conferencia: O racional e o irracional do culto de reliquias
Maria Rosa dos Santos Capelão
11.30-12.30 h
Conferencia: Facianas da capacidade sandadora do pobo dende a nosa cultura
Alfonso Blanco Torrado
12.30-14.00 h
Mesa redonda: Usos, abusos e outras prácticas relacionadas coas “santas medicinas”
Maria Rosa dos Santos Capelão e Alfonso Blanco
Torrado
Coordina: Antonio Reigosa
16.00-17.00 h
Conferencia: Amuletos e reliquias: usos e crenzas. Unha mirada na antigüidade
Eusebio Rey Seara
17.00-18.00 h
Conferencia: Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional
Calros Solla
18.00-19.30 h
Mesa redonda: Entre a maxia e a razón. O enigmático poder dos amuletos
Eusebio Rey Seara e Calros Solla
Coordina: Isidro Novo
19.30-20.30 h
Mostra de amuletos e reliquias ao vivo: usos e crenzas explicados por propietarios/as e usuarios/as. Solicitamos ás persoas que asistan ás xornadas que leven un amuleto ou reliquia, persoal ou familiar, e que nos conten como se fixeron co obxecto e para que o usaban ou usan.

MATRÍCULA
Destinatarios: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
www.as-pg.com » (formulario de inscrición)
HOMOLOGACIÓN
Solicitada á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por 8 horas

Destinatarios: Persoas interesadas en obter diploma de asistencia
Para inscricións e máis información.
» www.aelg.org
oficina@aelg.org / 981 133233

PREZOS
Matrícula gratuíta, preferente para socias/os da AS-PG e AELG


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: