Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

Convócase o 3º Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritoræs da AELG

CONTAR CON-TENTO
TEORÍA E PRÁCTICA DA NARRACIÓN ORAL


Organiza: Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG
Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do concello de Lugo
Aulas: Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros, Lugo.
Duración: 26 horas / 13 sesións semanais de 2 horas cada unha
Imparten: Isidro Novo (6 sesións), Antonio Reigosa(6 sesións) e un especialista (Ana Carreira) en narración oral (1 sesión).
Participantes: 25 (maiores de 15 anos)
Calendario: Os martes 23 e 30 de setembro, 7, 14, 21 e 28 de outubro, 4, 11, 18 e 25 de novembro, 2, 9 e 16 de decembro de 2014.
Horario: de 18 a 20 horas

Inscricións:
No Rexistro Xeral do concello de Lugo, Ronda da Muralla s/n.
»» FORMULARIO Solicitude Xeral concello de Lugo
As inscricións realizaranse desde 30 de xuño até o 12 de setembro de 2014.
Terán preferencia os alumnos/as asistentes aos 1º e 2º Obradoiro de Narración Oral, celebrados en Lugo en 2012 e 2013.

CONTIDOS
-Consellos básicos e exercicios prácticos para narradores orais
-Recursos non verbais dos contadores
-Improvisacións dialogadas
-Oralización. Ferramentas para adaptación de textos escritos
-O noso contar/cantar e o doutras culturas
-Ensamblar micro-historias para construír unha gran historia
-Polo San Martiño, contos ao camiño
O 11 de novembro desenvolverase, coa participación do alumnado asistente, unha sesión práctica, aberta ao público, no Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra.
-Clase maxistral de Ana Carreira sobre técnicas de narración oral
-4 sesións prácticas en centros de convivencia xestionados polo concello de Lugo.

Máis información: Oficina da AELG (As. de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)
981 13 32 33 / oficina@aelg.org

CARTAZ 3º Obradoiro de Narración Oral da AELG (Lugo)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: