Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

Convócase o 2º Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritores/as da AELG

TÉCNICAS E EXERCICIOS PRÁCTICOS DE NARRACIÓN ORAL

Organiza: Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG
Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do concello de Lugo
Aulas: Centro Social Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros, Lugo.
Duración: 26 horas / 13 sesións semanais de 2 horas cada unha
Imparten: Isidro Novo (6 sesións), Antonio Reigosa (6 sesións) e un especialisata (Avelino González) en narración oral (1 sesión).
Participantes: 25 (maiores de 15 anos)
Calendario: Os martes 24 de setembro, 1, 8, 15, 222 e 29 de outubro, 5, 12, 19, 26 de novembro, 3, 10 e 17 de decembro de 2013.
Horario: de 18 a 20 horas

Inscricións:
No Rexistro Xeral do concello de Lug, Ronda da Muralla s/n.
As inscricións realizaranse desde o 9 de xullo até o 15 de setembro de 2013.
Terán preferencia os alumnos/as asistentes ao 1º Obradoiro de Narración Oral, celebrado en Lugo entre setembro e decembro de 2012.

CONTIDOS
• Oralidade con música: regueifa, repentismo, rap ... Exercicios prácticos
• Técnicas de improvisación oral Exercicios prácticos
• Linguaxes non verbais da oralidade Exercicios prácticos
• Técnicas de lectura en voz alta Exercicios prácticos
• Fórmulas de inicio e remate dunha narración oral Exercicios prácticos
• Para contar un conto ben contado Exercicios prácticos
• repertorio do narrador oral Exercicios prácticos
• Semana da Oralidade (do 4 ao 10 de novembro)
Faremos, coa participación do alumnado, unha sesión práctica, aberta ao público, no Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra.
• Clase maxistral dun recoñecido narrador sobre técnicas de narración oral
• 4 sesións prácticas noutros tantos centros sociais * xestionados polo Concello de Lugo.

Máis información: Oficina da AELG (As. de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)
981 13 32 33 / oficina@aelg.org

cartel segundo obradoiro NARRACIÓN ORAL.pdf


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: