Actualizado en data 15/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O aprendiz de home do saco

AUTOR: Antonio Reigosa
ISBN: 9788499144849
EDITORIAL: Edicións Xerais
ANO PUBLICACIÓN: 2013
COLECCIÓN: Merliño
ILUSTRADORA: Marta Álvarez Miguéns

Sinopse
Había unha vez un home moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar. Pero un día todo cambiou: o pai enfermou e o rapaz tivo que aprender en pouco tempo os trucos para ser un bo home do saco.

_____

Era un home moi vello e moi amolado pois o seu único fillo non quería herdar o seu oficio.
—A ver, fillo, que xa vas grande, e eu non vou estar aquí sempre para manterte.
O rapaz era, en verdade, un nugallán. Nin estudaba, nin …


__________
Vén de publicar a editorial Xerais este "medoñento" conto de Antonio Reigosa, O aprendiz de home do saco con ilustracións de Marta Álvarez Miguéns. Un fillo que semella da famosa xeración "nin-nin" e que se perde finalmente nos seus propios soños. Dos que tirar unha moralexa! Iso si, inevitable un sorriso continuo ao ler esta historia dun fillo que non é quen de aprender o oficio do pai, aínda sendo este un oficio tan pouco loable. Pero xa se sabe, a tradición é a tradición... aínda que sexa cun toque de humor.
Coido que a edición é ben fermosa, as ilustracións a dobre páxina semellan en case todas as ocasións como "manchadas", que maxino que é algo procurado polo tema do libro. Por pór defectos, (como somos!) non me gusta o estilo de letra escollido.
Era un home moi vello e moi amolado pois o seu único fillo non quería herdar o seu oficio.
—A ver, fillo, que xa vas grande, e eu non vou estar aquí sempre para manterte.
O rapaz era, en verdade, un nugallán. Nin estudaba, nin …


Trafegando Ronseis. Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Trafegando Ronseis.


Velaquí a miña recomendación de hoxe: O aprendiz de home do saco, do narrador e etnógrafo mindoniense Antonio Reigosa, moi interesante relato que acolle a veterana colección Merliño de Xerais e que se acompaña nesta ocasión das ben xeitosas ilustracións de Marta Álvarez Miguéns.
O aprendiz de home de saco aproveita habelenciosamente o substrato da nosa mellor tradición literaria oral para crear unha trama na que a mítica figura do home do saco se ve humanizada e mesmo complicemente desdramatizada. En efecto, nesta historia de Reigosa o home do saco cae enfermo e solicítalle ao seu fillo que o substitúa, cousa que, de primeiras, este non ve con bos ollos. Finalmente acepta e, logo das pertinentes explicacións de como exercer o oficio, vai polo mundo apañar nen@s repoludos aos que meter no saco para logo vendelos pola súa manteiga, como corresponde a un cómpito Mr. Sacaúntos. A cousa, xaora, acaba coma o rosario da aurora e, lonxe de cazar nen@ ningún(ha), est@s búrlanse do aprendiz de home do saco e desfanse del.
Este é o relato que lerán @s máis nov@s. O resto apreciará pronto a refactura do conto da leiteira, o maxistral dominio dos pareados, paremias e outros efectos fraseolóxicos e, por suposto, a pericia para a fusión de tradición e modernidade que evidencia o feito de que un aprendiz do home do saco ande ilusionado por mercar, que sei eu, un ipod ou un chapeu con pendrive incorporado.
Como é adoito en Antonio Reigosa ―un dos nosos mellores autores infantoxuvenís das últimas décadas―, este O aprendiz de home do saco Criticalia. Blog de Armando Requeixo
Criticalia.


Por outro lado, Antonio Reigosa realiza, en O aprendiz de home de saco, unha celmosa, e ao meu ver orixinal, achega a este campo dos álbums ilustrados. Poucas persoas como Reigosa traballaron con intensidade e bo facer o universo dos contos de tradición oral e, dalgún xeito, esta proposta benefíciase do seu quefacer ao facer xirar o argumento arredor da figura do «home do saco», e faino humanizándoo pois este cae doente e o seu coñecido e temido labor ten que realizalo o seu fillo, remiso a facelo nun principio pero que vai aos poucos convencéndose das vantaxes de exercer como home do saco emulando un comportamento moi parello ao que se rastrexa no conto da leiteira tradicional. Un final sorprendente, moita ironía e retranca e unha actualización imaxinativa e contemporánea do conto tradicional son valores inequívocos que repousan neste libro tan atractivo, tamén, pola lectura fantástica que realiza en imaxes Marta Álvarez Miguéns.

Caderno da crítica. Blogue de Ramón Nicolás
Caderno da crítica.

Antonio Reigosa: «Debemos actualizar a tradición». Entrevista sobre «O aprendiz do home do saco» en Radiofusión
Entrevista en Radiofusión.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: