Actualizado en data 18/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Sombra respirada dunha reliquia (Barquilleiros)

____O autor: Emilio Araúxo
(Coles, 1946). Escritor, etnógrafo, editor e tradutor galego. Licenciado en Filosofía, foi profesor de Filosofía no ensino medio. En 1995 fundou a editora Noitarenga. En 2001 fundou unha nova editora, Amastra-N-Gallar. É autor de libros de poesía como Cinsa do vento: libro da Ribeira Sacra (Noitarenga, 1996), Pois (Noitarenga, 1998) e As chairas da letra (Noitarenga, 1998). En narrativa deu ao prelo Tempos serodios (Edicións do Cumio, 1996), e o ensaio Sombra respirada dunha reliquia (barquilleiros) Amastra-N-Gallar, 2012.

__________O libro
Eu andei de barquilleiro. Unha vez fun desde Aranjuez a Madrid. Mire que grande era eu que cando pasaba o tren tiña que me escarranchar, se non o aire tirábame. Fora de Aranjuez a Madrid cos barquillos. Por onda o Tajo moito bailamos, non había a quen lle vender un barquillo. En Madrid ía á Praza Maior, e pola Castellana ó Hipódromo, e pola Cidade Universitaria, por onde está a Cárcel Modelo. Deus, que escravo fun eu na vida! Foi no ano 1935. Ía co meu irmau, íamos os dous de barquilleiros

Ficha Técnica:
Edita: Amastra-N-Gallar, 2012 (edición non venal)
D. L.: C1078-2012


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: