Actualizado en data 18/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

Ponte a brincar: Convocatoria do VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa co lema "PONTE A BRINCAR. O PATRIMONIO LÚDICO"
No interese por descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado
Patrimonio Cultural Común preséntase este Certame que ten unha dupla finalidade:
* Que a existencia deste patrimonio común forme parte da vida escolar nas aulas da Eurorrexión.
* Que o sistema educativo acometa decididamente a tarefa de rescatar esta
tradición e poñela en valor nun proceso de transmisión deste patrimonio ás novas xeracións.

O xogo, entendido en sentido amplo como gozo do tempo de lecer, non remata nas idades infantís ás que máis doado nos resulta relacionar con estas actividades, senón que segue a mostrarse, en manifestacións acaídas, en todas as etapas da vida do ser humano.
A mocidade ten para o tempo de lecer un amplo repertorio de actividades de recreo e de xogos, mentres que nas idades adultas do ser humano a necesidade de xogo e brincadeira segue a aparecer e non remata ata que o fai a propia vida dos individuos. Os centros educativos son un espazo apropiado onde é doado transmitir os xogos tradicionais. O alumnado poderá ser o encargado de investigar, recolleitar e divulgar entre os seus compañeiros e compañeiras as prácticas dos xogos que se realizan nos períodos de lecer.
O Certame propón a recolla das formas de lecer tradicionais incluíndo todos os tipos de entretemento: xogos, regras e normas, xoguetes e a súa realización, adiviñas, cantigas, refráns…
Trátase de realizar unha gravación das expresións orais e das formas de lecer na voz das “persoas portadoras“ que practican as diferentes actividades lúdicas e de lecer. Pódese acompañar a recolla con ilustracións ou documentación gráfica que aporten achegas á gravación.
O xurado valorará o rigor e o interese das recollas realizadas así como os materiais que as acompañen.
-+ info sobre a convocatoria


ASOCIACIÓN CULTURAL E P EDAGÓXICA PONTE...NAS ONDAS!
Asociación Ponte…nas ondas!
Rúa Colón 17 - 6º D 36201 Vigo
Tf: 635 499900
-( www.pontenasondas.org)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: