Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega)

SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega) Galician Anthrophological Society

__________

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) constitúese como unha asociación cultural sen ánimo de lucro, fundada en agosto de 2011, e cuxos obxectivos son a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial— e de tódolos aspectos enmarcados dentro do campo da antropoloxía social e cultural, así como a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.

ENLACE WEB: ☞SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega)
. CONTACTOS: Sociedade Antropolóxica Galega Rua A Ribeira Nocedo do Val 11 32625 Castrelo do Val Ourense infosaga@antropoloxiagalega. Antropoloxía: rquintia@antropoloxiagalega Arqueoloxía: lsantiago@antropoloxiagalega. Historia: mlosada@antropoloxiagalega Arte e Restauración: fsutil@antropoloxiagalega. Música Tradicional: jbieites@antropoloxiagalega Prensa e comunicación: pcastro@antropoloxiagalega. Para levar a cabo todo este labor, a sociedade conta coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue o proxecto. Ó abeiro da SAGA reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos, historiadores, filólogos, artistas plásticos, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores comprometidos coa aventura cultural e social que pilota a nosa institución. Entre os proxectos que leva a cabo a Sociedade Antropolóxica Galega cabe salienta-los seguintes: • A publicación trimestral do boletín informativo da sociedade Caderno de campo. Unha publicación gratuíta e de descarga libre na nosa páxina web. • A SAGA faise cargo tamén da edición e publicación do anuario Fol de Veleno. Revista de Antropoloxía e Historia de Galiza. • A edición da colección Cardernos etnográficos, na que se publicarán traballos monográficos sobre distintos aspectos da etnografía e da arqueoloxía galega. • A realización de documentais e doutros traballos audiovisuais que nos permitan divulga-los tesouros do patrimonio material e inmaterial da cultura galega. Nestes momentos a SAGA ten producidos os seguintes documentais: Sete Camiños, encrucillada do tempo, Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo e Metoca. • A organización das xornadas anuais da SAGA sobre antropoloxía galega. • O desenvolvemento de proxectos de investigación, de divulgación e de posta en valor do patrimonio como son o proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ou a creación do Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega (AAANGA).......


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: