Actualizado en data 18/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

Roteiros pola Galiza Máxica. Un país de lendas

ADEGA-Lugo presentou hoxe en rolda de prensa o seu Programa de Roteiros anual 2011-2012, baixo o título ROTEIROS POLA GALIZA MÁXICA. UN PAÍS DE LENDAS. Este ciclo de roteiros pretende divulgar e poñer en valor o carácter místico ou fantástico dos lugares ou elementos que adquiriron un significado diferente e único ao longo dos tempos, segundo lles foi determinado polas crenzas e costumes dos nosos devanceiros, nun intento de comprender a contorna ou o mundo circundante. Pero estes elementos están a desaparecer diariamente, entre outros motivos, por mor da intervención humana sobre o territorio, ao cal están ligados. Por iso ADEGA-Lugo quere chamar a atención sobre este patrimonio inmaterial e tradición oral que debemos conservar e poñer en valor fronte a desmemoria e a destrución territorial.
…Descarga aquí o PROGRAMA ROTEIROS 2011-2012




Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: