Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

Letra das festas San Froilán 2011

Letra das festas. Historias do San Froilán [ 12 de outubro de 2011 ]
Na Praza do Campo Castelo da cidade de Lugo, ás 19.15 h.
Coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a coordinación e presentación de Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza esta "revista de literatura oral ao vivo".


Na revista van intervir os narradorres orais Elba Requeijo, de Abadín, que recitará romances tradicionais, e Ángel Rivas Veiga, veciño de Orxas (A Pastoriza), para contar algún contos populares.

Dalgunhas historias e anécdotas do San Froilán faláronos o xornalista de Radio Lugo, Paco Nieto, e dos cartaces e programas de festas, o investigador, Fernando Arribas.

Da literatura, coa lectura de textos referidos ás festas, encárgase Isidro Novo.

Da parte musical encargaranse Daniel Pando, xove tocador de trompa da Fonsagrada, e Leo i Arremecághona, proxecto musical de Leonardo Fernández Campos, artista polifacético, filólogo, poeta e cantautor punk.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: