Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CURSO: A literatura oral na actualidade. Galicia e Hispanoamérica

CURSO “A LITERATURA ORAL NA ACTUALIDADE”
Facultade de Humanidades
Campus de Lugo
20-22 Outubro 2010

1.-XUSTIFICACIÓN.
Maila o privilexio académico do que durante séculos gozou a escrita, a oralidade non desapareceu, senon que segue manifestándose de xeitos moi diversos, unhas veces como mera proba de supervivencia de formas culturais moi antigas e enraizadas, outras como contracorrente ás expresións máis hexemónicas da cultura.

Como manifestación primordial e xenuína da comunicación humana, a oralidade revélase como fenómeno multidimensional, heteroxéneo, en constante mutación e, por ende, susceptible de ser revisado non só como feito tradicional senón tamén dende as perspectivas máis actuais dos estudos da cultura, tendo en consideración a súa presenza nos medios de comunicación, a súa relación coas novas tecnoloxías e as súas posibilidades como modelo produtivo.

A escasa atención prestada no ámbito académico ás riquísimas literaturas orais galega e hispanoamericana e a implantación do novo grado de “Ciencias da cultura e difusión cultural” na facultade de Humanidades do campus lucense constitúen a ocasión e o marco oportunos para unha revisión da literatura oral destas áreas xeográficas como fenómeno actual e complexo.

Entendemos que a celebración deste curso será especialmente proveitoso para profesores, estudantes e egresados de calquera das titulacións do campus lucense, particularmente as humanísticas e educativas.

O curso, que combinará sesións teóricas e obradoiros formativos, contará coa participación de prestixiosos investigadores que abordarán as literaturas orais de Galicia e Hispanoamérica dende múltiples perspectivas (teórica, histórica, pragmática, performativa). Asemade, os obradoiros estarán dirixidos por persoas especializadas na creación e difusión de obras artísticas de carácter oral.

*** Solicitado 1 crédito de libre configuración para os alumnos da Facultade de Humanidades e Escola de Maxisterio do Campus de Lugo.

RELATORES
Ana Acuña Trabazo é doutora en Filoloxía Galega e Profesora Axudante na Facultade de Educación e Ciencias do Deporte da Universidade de Vigo. Entre as súas liñas de investigación inclúe a cultura popular e a literatura de tradición oral, cuxos coñecementos leva anos compartindo a través de charlas, obradoiros e artigos entre os que figuran “Relación entre os distintos xéneros de literatura popular: a cepa torta” ou “Conxuros de dúas doenzas infantís: a cachucha e o codo. Fórmulas, correspondencias e tradición”.

Eduardo Becerra, doctor en Filosofía y Letras (Filología Hispánica) por la Universidad Autónoma de Madrid, en la actualidad es Profesor Titular de Literatura Hispanoamericana del Departamento de Filología Española de la Universidad Autónoma de Madrid. Es autor de numerosos volúmenes, ediciones y capítulos de libro, entre otros: Historia de la literatura hispanoamericana (coautor con Teodosio Fernández y Selena Millares). Monográfico dedicado a Juan Carlos Onetti dentro de las Publicaciones del Centro Virtual Cervantes. El arquero inmóvil. Nuevas poéticas del cuento. Desafíos de la ficción, de Jorge Volpi, Andrés Ibáñez, Carlos Cortés, Edmundo Paz Soldán, Rafael Courtoisie, Pablo De Santis y Marcelo Birmajer. Líneas aéreas (guía de la nueva narrativa hispanoamericana),

Arturo Casas, é profesor titular de Teoría da Literatura do departamento na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Como investigador e crítico literario ten publicados, entre outros títulos, Once charlas sobre plástica, teatro e literatura. Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste. Dicionario de termos literarios Autoría conxunta do Equipo Glifo. La descripción literaria. Bibliografía sistemática de teoría literaria. Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000. Elementos de crítica literaria. Colectiva.

Alexis Díaz Pimienta Es escritor, repentista, investigador y docente. Director de la Cátedra Experimental de Poesía Improvisada, y Sub-director del Centro Iberoamericano de la Décima y el Verso Improvisado (CIDVI), ambas con sede en La Habana, Cuba.
Como escritor cultiva casi todos los géneros literarios, y su obra ha sido traducida a varios idiomas. Ha impartido numerosos cursos y talleres sobre improvisación. Autor de varios libros de poesía, cuento, novela, literatura infantil así como de guiones de cine y obras teatrales.Como investigador ha publicado numerosos artículos en revistas especializadas Su libro, Teoría de la improvisación. Primeras páginas para el estudio del repentismo está considerado por los especialistas un clásico de las investigaciones de la poesía oral improvisada.

Anxo Fernández Ocampo é profesor titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. A descrición do sistemas culturais populares, a tradución da literatura oral e a análise antropolóxica das prácticas de escrituras son algunhas das liñas desenvolvidas na súa investigación. É autor do ensaio A esperanza bretoa. O atlantismo a á luz dos estudios de tradución (Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2002). É un dos coordinadores do Proxecto Ronsel para a realización do inventario, salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.

Celso Fernández Sanmartín é, ademais Licenciado en Filosofía, poeta e contacontos. Traballou como animador sociocultural e coordinador das actividades programadas na residencia Nosa Señora das Dores, de Lalín. A súa presenza é habitual en obradoiros e sesións de contacontos.

Antonio Reigosa é escritor, conferenciante e experto en mitoloxía popular galega e literatura de tradición oral. É promotor de numerosos proxectos relacionados coa materia, entre os que figuran a cofundación de Chaira, Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo, 1992), a creación e xestión de da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada ou a coautoría do Dicionario dos seres míticos galegos.

Rogelio Rodríguez Coronel Doctor en Ciencias Filológicas. Universidad de La Habana. 1982. Profesor Titular de cultura y literaturas latinoamericanas y caribeñas de la Facultad de Artes y Letras, Universidad de La Habana. Es Vicepresidente y Miembro de Número de la Academia Cubana de la lengua y Miembro Correspondiente Hispanoamericano en Cuba de la Real Academia Española y de la Academia Panameña de la Lengua. Además de numerosos artículos y ensayos publicados en revistas nacionales y extranjeras, es autor de: La novela de la Revolución Cubana.De elefantes, literatura y miedo: ensayos sobre la comunicación americana (selección y pról. de textos de Ariel Dorfman). Espacios críticos (col. de ensayos). Crítica al paso (ensayos). Contrapunto. Doce ensayos sobre la literatura en Panamá (en colaboración con Margarita Vázques) . Lecturas sucesivas.

Margarita Vázques Miembro correspondiente de la Academia Panameña de la la Lengua. Licenciada en Filosofía y Letras por la Universidad de Panamá y Máster en lexicografía, literatura hispanoamericana y literatura panameña. Ejerce como Profesora titular del Departamento de Español de la Universidad de Panamá. Es autora de numerosos trabajos sobre los temas de sus especialidades, como la crónica de Gonzalo Fernández de Oviedo o la poesía panameña.


3.-MATRÍCULA

O prezo da matrícula é de 10 € para tódolos asistentes. Débese facer o ingreso na conta 2091-0300-44-31-10000482. IMPORTANTE : Poñer no resguardo "Curso Oralidade Cátedra Alejo Carpentier"

__________
+ info>>


PROGRAMA_A literatura oral na actualidade_Galicia e Hispanoamérica.pdf


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: