Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Historias encantadas

O construtor da estrada en Bergantiños

Na segunda metade do S. XVIII, dentro da súa política de construción de estradas por todo o país, Carlos III emprende a obra do "Camiño Transversal de Coruña a Bergantiños": vintecinco anos despois, en 1804, o economista Lucas Labrada infórmanos de que só tres leguas, entre a cidade herculina e O Foxo (Arteixo), estaban realizadas. O parapeto lateral dereito da Avenida de Finisterre, as fontes barrocas de Pastoriza e Alto de Oseiro e outro muro de contención en O Foxo (Instrucións de 1778) son as evidencias deste trazado.
Mais... por qué pasado O Foxo só hai unha explanación na rocha e cesa a obra?
Os veciños de Arteixo explícano porque o construtor arruinárase ó erguer a Ponte sobre o Vao (vado) do río Bolaños (hoxe, Ponte do Ba ou do Va, preto do Paseo Fluvial
arteixán) ou porque as autoridades non lle admitiran esta obra.
Ata mediados do S. XIX, baixo Isabel II, non se retoma a construción da estrada a Bergantiños, xa pola costa de Lañas na vez de proseguir polo Foxo.

[Texto remitido por Luis Antonio Giadás Álvarez. Xullo de 2012]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: