Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Historias encantadas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O reparto das troitas

Isto sucedeu haberá uns cincuenta anos na aldea de Vilar de Mato, en Cuntis (Pontevedra). Aló vivían dous curmáns, Heladio e Emilio, que a pesar de que eran moi distintos e de que sempre andaban a rifar, estaban sempre xuntos como se fosen uña e carne. O Heladio era o máis vello dos dous e, aínda que non era ben listo, tiña habilidades innatas para a arte da pesca.
Foi o caso que un día Emilio propúxolle ao seu parente ir botar unhas canadas ao Comeixe, e acordaron repartir a pesca a partes iguais ao final da xornada. Tal como era de esperar Heladio colleu moitas máis pezas. Pero un trato é un trato. Para facer o reparto apuntouse axiña Emilio, que fora un par de anos á escola e sabía algo de números.
—Unha pra min, outra pra ti, outra pra min... —contaba o máis novo en voz alta.
—Unha pra min, outra pra ti, outra pra min; unha pra min, outra pra ti, outra pra min; unha pra min, outra pra ti, outra pra min...
E así ata repartir coa súa peculiar picardía un total de cincuenta e oito peixes. Ao rematar, mirando Heladio para un e outro monte de troitas, e quedando pampo ao ver que a parte do seu curmán era ao menos o dobre da súa, dixo abraiado:
—¡Manda carallo, Milio!, se non chas vise contar pensaba que me enghañabas.

[Texto de Marcos Seixo Pastor, de Cuntis (Pontevedra)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Vai da picardía que ten Emilio ahora de contar troitas. Pensaba que iba engañar o seu curman pero Ainda que non foi a escola deuse conta que o seu curman levaba mais troitas fin

Enviado por Marcos Seixo Pastor o 21/05/2020 ás 11:19:15


Enviar comentario a este artigo: