Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Sabía que...

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Sabía que para aliviar a dor de moas...

► Despois da ducha hai que secar primeiro de todo as mans e logo a cabeza e o resto do corpo. Déronllo como solución a un meu amigo hai 14 anos en Burgos, e funcionoulle. E veu vivir a Lugo, e contouno; e díxolle unha muller: Ai, ho, en Cospeito xa o faciamos hai moitos anos, e sempre funcionou.  [Contado por Suso Barral, de Lugo]

► Hai que facer un parche con molo de pan e vinagre e poñelo sobra a zona inchada da cara.

► Hai que machacar ortigas, envolvelas nun pano e poñelas na zona inchada da cara. 

► O mellor, mentres non che dan hora no profesional especialista, é curtar unha rodaxa de limón e colacala encima de moa doente, ou entre a moa e o carrillo, dependendo da situación da citada peza dentaria. O alivio é inmediato. [María José Ortiz Gómez, Rábade (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: