Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fonte de Santa Bárbara de Tourón

Isto pasou en Tourón, parroquia de Santa María de Tourón, concello de Pontecaldelas (Pontevedra).
Na chamada Fonte Santa apareceu enterrada unha imaxe en pedra de Santa Bárbara. Os veciños levárona para o interior da igrexa pero o día seguinte a imaxe volveu a aparecer na fonte. Os veciños metérona na igrexa outra vez, mais a santa volvía a aparecer na fonte.
A xente xa andaba coa mosca detrás da orella. Levaron a imaxe á igrexa de novo e propuxéronse gardala, pero esa noite houbo unha treboada como xa non se acordaba.
Foi entón cando os veciños se decataron de que Santa Barbara quería estar preto da fonte, e acordaron poñela na parte traseira da igrexa de Tourón mirando á fonte.
Isto pasou hai case trescentos anos e dende aquela a santa non se moveu máis, e aínda hoxe podedes vela na igrexa de Tourón mirando cara á fonte.

[Texto remitido por Jesús Martínez Lale, de Tourón, Pontecaldelas (Pontevedra)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: