Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A fonte de San Xermán de Doade

Xa hai moitos anos foron segar a Castela uns homes de Amandi e de Doade, Sober (Lugo). E un día, collendo auga nunha fonte do Guadarrama, presentóuselles unha muller moi fermosa que lles preguntou de onde eran e, en canto lle contestaron, dixo:
—¡Fonte de San Xermán, cano de ouro!
E despois pediulles o favor de levar unha torta á fonte de San Xermán de Doade, que en canto chegasen de volta que fosen á fonte e que dixesen:
—¡Fonte de San Xermán, cano de ouro!
E que se lles había de aparecer unha muller para recoller a torta.
Cando regresaron para a casa os segadores esqueceron ir á fonte de San Xermán e ós tres días escoitaron unha voz que lles dixo:
—¡Ai, o que perdestes! ¡Fonte de San Xermán, fonte de ouro!
Quen falaba era a muller encantada na fonte de San Xermán. Se lle entregaran a torta quedaría libre do encantamento e faríaos ricos.
Como non cumpriron, a moza seguiu co seu encanto e os segadores sen cartos nin riquezas.
Esta fonte, hai quen lle di de San Xermunde, nace entre dous seixos e cóntase que tamén houbo nela un mouro moi rico encantado; se houbese quen soubese as palabras para desencantalo, faríase rico. Pero como non houbo quen o desencantase, o mouro morreu.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: