Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

Tres fontes e tres ríos

Naceron tres fontes xuntas coma tres irmás (a principal diferencia entre as versións citadas na bibliografía é que os ríos poden ser o Ouro, Landro e Eume, o Masma, Landro e Eume ou ben o Eume, Sor e Landro, tamén chamado Landrove, pero todos co nacente nas abas da Serra do Xistral) e o mar prometeulles dar unha persoa todos os anos á que primeiro chegase onda el.
As tres fontes irmás puxéronse ó camiño, vixiándose unhas ás outras. Pero chegou o momento en que cansaron e decidiron descansar pero antes acordaron que a primeira que espertase avisaría ás outras para proseguir o camiño.
Espertou unha e botouse ó camiño sen avisar ás outras, silandeira, a ras de chan para non facer ruído. Espertou a segunda e decatándose da traición da primeira tamén se botou ó camiño, ás caladiñas, para que a terceira das irmásn non despertase.
Cando acordou a terceira e viu o que lle fixeran as outras dúas tirouse a rolos, saltando sebes e valados, bruando entolecida e conseguiu chegar ó mar antes que as súas irmás. Esta fonte deu orixe ó río Eume e é este o motivo polo que este río recibe de agasallo todos os anos unha persoa que lle regala o mar.
Véxase a semellanza con "A lenda dos tres ríos".

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: