Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Ecce Homo de Viveiro

En Viveiro (Lugo), despois de pasar a Ponte da Misericordia indo cara a Covas, no Pazo dos Bermúdez de Castro, hai unha capela en honor ao Ecce Homo.
Disque unha vez andaba no mar un mariñeiro, perdido no medio dun temporal enorme. Xa naufragaba cando se lle ocorreu virar a proa do barco cara a a capela do Ecce Homo e nese preciso momento amainou a treboada e o mariñeiro regresou á casa san e salvo.
Desde entón todos os mariñeiros de Viveiro sempre viran a proa do seu barco cara a capela do Ecce Homo antes de botarse ao mar.
Tamén se di desta imaxe que concede "Tres gracias" ós que lle van rezar alí por primeira vez o primeiro venres de marzo.
Isto é así desde que un home ferido cando a Guerra Civil acendou unha vela da súa altura e agardou dentro da capela ata que se consumise totalmente. O home curou e desde entón réndeselle culto ao Ecce-Homo os primeiros venres de marzo; a xente pide tres desexos e por cada un reza un credo e unha salve. Das tres peticións só se cumprirá unha.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: