Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

A lenda dos tres ríos

Eran unha vez o río Eume, o río Xuvia e o río Mandeo e un día decidiron baterse nunha carreira; o primeiro que chegase ó mar podería pedir un desexo.
Ó fin dese día foron durmir e quedaron para as sete da mañá. O río Xuvia despertou ás cinco da mañá e aproveitando que os outros durmían, pensou:
―Partirei agora que eles durmen, chegarei o primeiro e pedirei ser o río máis longo!
O Mandeo despertou ás seis e vendo que o Xuvia xa non estaba, dixo:
­―Partirei eu tamén, que aínda podo gañar e pedir ser o río máis caudaloso!
Ás sete despertou o Eume e vendo que non estaban os outros, encheuse de ira e partíu veloz arrasando todo o que atopou no seu camiño, e gañou.
Entón, furioso, pedíu que cada ano morrese como mínimo unha persoa nas súas augas.
E dende aquela sempre se cumpriu.

[Esta lenda foi contada no campamento de Vilarbó, nas Fragas do Eume, concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Remite Alén Daniel Porto Figueroa de Narón (A Coruña) en xaneiro de 2008]
Véxase a semellanza con "Tres fontes e tres ríos".


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: