Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fonte Santa de Cabreiros

Na parroquia de Cabreiros, concello de Xermade (Lugo) hai unha fonte coñecida como a Fonte Santa ou Fonte de Santa Mariña. Pódese ver onde estivo sentada a mártir e onde pousou as mans para beber, aínda que o primeiro home que a viu na terra non foi a carón desta fonte senón nun lugar chamado Porto de Santa Mariña.
Esta Santa Mariña morreu decapitada e é a mesma que a de Santa Mariña das Augas Santas, en Allariz (Ourense).
En Cabreiros non saben de certo se a mataron alí ou en Allariz pero aseguran que aos que beben auga desta fonte aparéceselles Santa Mariña, santa patrona de Cabreiros.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: