Actualizado en data 18/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

ÁREA RE-CREATIVA

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A moura dos ollos verdes (Antonio García Teijeiro)

A MOURA DOS OLLOS VERDES
Antonio García Teijeiro

Lava os seus ollos, meu neno,
a moura na beira da fonte.
Pousa o seu rostro na pedra
coa ollada no horizonte.

Namora a todos os mozos
coas perlas de cristal;
mais ben sabemos, meu neno,
que ela seduce co mal.

É moi belida, meu neno,
a moura de ollos tan verdes,
pero dígoche, meu neno,
que neles moitos se perden.

Xa marcha a moura, meniño,
a moura dos ollos verdes.
Durme sen medo, que a lúa
cobre en silencio o teu berce.

Moura que estás no penedo
ou nas ruínas na fraga,
garda os tesouros na terra
que eu de ti non quero nada.
_____

-Poema elaborado polo autor para un caderno didáctico (polo de agora inédito) dirixido a alumnado de E. Primario sobre a Festa das Fachas, de Castelo, en Taboada (Lugo.
-Ilustración de Lázaro Enríquez para o Dicionario dos seres míticos galegos, Xerais, Vigo, 1999.
.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: