Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

ÁREA RE-CREATIVA

CUNQUEIRO, A.: O velagullas

O velagullas é un trasno pequeno, que está sen traballo desde que foi inventado o acerico para xastres e modistas.O velagullas estaba ao servizo da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono as agullas perdidas no chan, ou nas teas. Polos seus servizos non cobraba nada, pero dise que algúns xastres tratárono, e fixéronlle monteiras, e algunhas costureiras camisas. Polo San Xoán marchaba e non regresaba ata o outono. Din que desapareceu do noso país cando chegaron as primeiras máquinas de coser. Un xastre de Lugo, que tiña moi perfecto o corte do entalle das levitas dos aristócratas, mercou unha. Un velagullas que andaba por alí, fixo augas menores pola máquina. No Brasil hai trasnos moi semellantes ao Velagullas, que deben ser parentes emigrados do noso, que deberon ir a Río ou Bahía entre a roupa dun de Pontecaldelas.
_______________
Texto: Álvaro Cunqueiro, Las historias gallegas, BCI, Madrid, 1981.
Ilustración: Santy Gutiérrez.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: