Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] A brasa

Collíase unha brasa do lume acesa e metíaselle unha agulla. Tamén se podía espetar cunha vara dun alfinete.
Coa axuda dun fío, a brasa poñíase nun sitio alto e situábanse dous contrarios a porfiar entre eles, a soprar a brasa un para un lado e outro para o outro, tentando de non se queimar un e queimar ó compañeiro.

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

A min de pequena encantñábame este xogo e ó velo aqui emocionoume moito pois a este xogo xogaba eu co o meu irmá ó rematar de xantar.
Gracias a toda a organización desta páxina que me fixo lembar todos aquelas lendas antigas que a miña avoa contávame.

Enviado por Rosalia Iglesias o 16/02/2009 ás 22:26:03


Enviar comentario a este artigo: