Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] O rabo do corzo

Os que estaban confabulados poñíanse de acordo para seren os protagonistas.
Un facía de corzo e atábanlle uns brincallos a xeito de rabo de corzo. Era de palla e estaba manchada, canto máis mellor .
A outros dous tocáballes o papel de cuzos (cans) perseguidores para correr tralo corzo.
Os demais, entre os que estaba o destinatario da traxugada, situábanse formando un corredor por onde ía entrar o corzo e tiñan que estar atentos porque o que agarrase ó corzo polo rabo era o gañador.
Está claro que o gañador o que conseguía era poñerse perdido.
As veces o "protagonista" enrabechábase e ensuciaba tamén ós compañeiros de xogo co "rabo do corzo".

[Remitido por José María Carricoba Armesto, de Lugo. Xogo recollido na parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo) a principios da década de 1990]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Que dispuxeronse en facer un xogo que quen antes se manchaba ganaba o xogo era o rabo do corzo o contó e de Ainara 5 primaria

Enviado por José María carricoba armesto o 26/03/2020 ás 12:23:44


Enviar comentario a este artigo: