Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] Quen te picou

Xogo de nenos. Un neno ponse sentado e outro axenonllado, coa cabeza agachada no colo do primeiro e cunha man palma arriba sobre as costas.
Outro xogador tócalle na palma da man cun dedo, co puño ou dálle unha palmada. Entón o que está sentado, pregunta:
—Quen te picou, berza? [Variante: Adiviña quen che deu, que a man che cortou]
O que está axeonllado, responde:
—Quen me picou que nunca pareza
E di o nome do que pensa que o “picou”.
Se atina, o que lle tocou ponse de xeonllos no seu lugar; se non atina, segue apandando.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: