Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xogos

[Xogo] Onde está o carozo?

Xógase entre un grupo de rapaces, cun carozo de mazá ou unha mazaroca de millo. Un dos rapaces ten o carozo e outro (o que apanda) pregúntalle:
—¿Onde está o carozo?
O primeiro resposta:
—Está queimado.
O que apanda volta a preguntar:
—¿E quen o queimou?
O primeiro di segundo lle pete:
—O máis alto (ou o máis baixo) carballo.
Daquela tira o carozo o máis alto que poida e todos os rapaces botan a correr tratando de poñerse o máis alto (se o carozo "foi queimado" polo máis baixo carballo) ou o máis baixo (se o carozo "foi queimado" polo máis alto carballo). O que apanda trata de coller o carozo o máis axiña que poida e cando o ten, berra:
—¡Alto!
Despois tírallo ó que estea máis alto (cando se dixo "o máis alto carballo”) ou ó máis baixo (cando se dixo "o máis baixo carballo”). Se consegue darlle, éste pasa a ser o que apanda.
.
[Información de Luis F. Matos Mazorra, residente en Vigo. Este xogo facíase máis que nada nas tardes cando os rapaces levaban o gando ó monte, en Vilaescura]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: