Actualizado en data 18/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DIDÁCTICA DA FANTASÍA

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA (Cuestionario 2)

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA (Cuestionario 2)
MITOS E LENDAS FUNDACIONAIS
Elaborado por Reigosa, Antonio.
Versión: setembro de 2006.

1.-¿Por que se chama así o lugar? ¿Por que lle chaman así os habitantes dos lugares veciños?

2.-¿Quen o fundou? ¿Un deus? ¿A Virxe? ¿Xesús Cristo? ¿Algún santo? ¿Unha vella? ¿Un supervivinte dunha praga ou dun envelenamento? ¿Un rei? ¿Un labrego? ¿Un pastor? ¿Un arrieiro? ¿Un soldado? ¿Alguén no lugar onde se deteron os seus bois, cabalos, vaca ou rabaño? ¿Alguén no lugar onde se chantou unha lanza e gurgullou auga ou naceu unha flor? ¿Os gregos, romanos, mouros, xudeos? ¿Frades ou monxas perseguidos? ¿Xente diferente a nós, con rabo, cornos...?

3.-¿Quen puxo os lindes e os marcos? ¿Unha vella forzuda? ¿Un xigante: Hércules...? ¿A Virxe, Xesús Cristo ou algún santo? ¿Os gregos, romanos, mouros, xudeos?

4.-¿Que castigo agarda a quen mude os marcos de sitio? ¿Condénase? ¿Regresa despois de morto penar entre os vivos e solicita misas? Casos coñecidos

5.-¿Quen fundou igrexas, ermidas, capelas e santuarios? ¿En que datas e como son as festas que se celebran nestes edificios? ¿Que milagres se contan? ¿Que curacións milagrosas se contan? ¿Que castigos houbo por non facer penitencia? ¿Que enfermidades curan os santos? ¿Quen e por que se ergueron os cruceiros?

6.-¿Quen fixo as campás? ¿Para que sirven as campás: espantan o trono? ¿Que se conta das veletas? ¿Que se conta dos reloxos de sol?

7.-¿Quen foi o primeiro que usou o arado no lugar? ¿Para que o usou a primeira vez?

8.-¿Quen foi o primeiro que levou animais ao lugar? ¿Que animais eran?

9.-¿Quen foi o primeiro que usou o barro no lugar? ¿Que fixo con el?

10.-¿Quen construíu os castelos, pazos, torres e casas nobres do lugar?

11.-¿Quen construíu as pontes? ¿Foi o demo?

12.¿Fálase dalgunha muller ou moura encantada nalgún lugar? ¿Onde? ¿Baixo unha ponte, pena, fonte, pozo...?

13.-¿Quen lles deu forma ás rochas e penedos que hai no lugar? ¿Unha vella? ¿Unha moura? ¿Un xigante? ¿Hércules? ¿Roldán? ¿A Virxe? ¿Qué se conta de todos estes penedos?

14.-¿Que se conta dos montes e montañas? ¿Orixe dos seus nomes? ¿Quen vive neles? ¿Gardan tesouros, minas...? ¿Nalgún monte escóitase o son do mar ou se se fura nel, sae auga do mar? ¿A auga de pozos ou lagoas destes montes abala e devala coas mareas?

15.-¿Hai covas de mouros, de xudeos, de serpes ou dragóns, de xigantes? ¿Que historias se contan desas covas?

16.-¿Hai tesouros no lugar ou nos arredores? ¿En que consisten? ¿Atopounos alguén? ¿Quen os vixía ou protexe? ¿Un animal: touro, serpe, dragón? ¿Un ser máxico: mouro, moura, anano, encanto?

17.-¿Que historias se contan das fontes? ¿Quen vive nelas? ¿Galiñas con pitos? ¿Serpes? ¿Mouras ou doncelas? ¿Outros espíritos? ¿Faise algún ritual nalgunha fonte? ¿Enrámanse? ¿Cando? ¿Polo San Xoán? ¿No día dedicado a algún santo ou santa?

18.-¿Que historias se contan dos ríos? ¿Que se conta do seu nome? ¿Hai lendas de afogados? ¿Hai lendas de homes-peixe, de xacios ou xacias, de cocas? ¿Hai lendas de peixes singulares? ¿Tirábanse alimentos aos ríos?

19.-¿Que nomes teñen os pozos? ¿Hai algún que se chame “Pozo Airón”? ¿Hai algún que se chame “Pozo peago” ou “Pozo negro”?¿Que historias se contan dos pozos? ¿Que se lles dicía aos nenos para que non se achegasen aos pozos? ¿Usábase a auga dos pozos para curar enfermidades como tirizós ou verrugas?

20.-¿Cóntase dalgún lugar, vila ou cidade desaparecido por culpa dun diluvio ou inundación, incendio, maldición, aterramento,...etc ou por no lle ter dado esmola á Virxe, ao Neno Xesús ou a Sagrada Familia? ¿Cóntase dalgún lugar, vila ou cidade desaparecido comido polas formigas, por envelenamento dos seus moradores, por unha guerra ou peste?

21.-¿Hai algún lago ou lagoa que teña no interior un lugar, vila ou cidade asolagado? ¿Escóitanse as campás na noite de San Xoán ou na de Noiteboa? ¿Séntense os galo?
________________________
APÉNDICES
INFORMANTES (nome, idade, lugar e data de recollida):

NOME DO EQUIPO DE TRABALLO (Centro escolar, grupo,...):

NOME DOS MEMBROS DO EQUIPO DE TRABALLO:

COORDINADORES/AS DO TRABALLO:

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

Lembra en que consiste o PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: