Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DIDÁCTICA DA FANTASÍA

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA (Cuestionario 1)

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA (Cuestionario 1)
MITOS E LENDAS COSMOGÓNICOS E METEOROLÓXICOS
Elaborado por Reigosa, Antonio.
Versión: outubro de 2005.

1.-¿Como se creou o mundo?

2.-¿Como se creou Galicia?

3.-¿Que nomes se lles dan ao sol, á lúa e ás estrelas?

4.-¿Que significan as manchas do sol?

5.-¿Que significan as manchas da lúa? ¿Un leñador; unha vella; un animal; un home devorado pola lúa, un home trasportado á lúa como castigo? ¿Que se pode facer e que non coa Lúa Nova? ¿Que se pode facer e que non coa Lúa Chea? ¿Que se pode facer e que non no Cuarto Crecente? ¿Que se pode facer e que non no Cuarto Minguante? Refráns sobre a lúa.

6.-¿Como se creou o Arco da Vella? ¿Por que se chama Arco? ¿Por que se chama da Vella? ¿Que outros nomes recibe? ¿Que sinala: tesouros? ¿A que perigos se expón o que pasa por debaixo del? ¿Cambia de sexo? ¿O Arco da Vella bebe a auga dos ríos? ¿Queima os lugares por onde pasa? ¿Pódese mexar debaixo do Arco da Vella?

7.-¿Que figuras forman as estrelas no ceo? ¿Carros? ¿Cabras? ¿O Camiño de Santiago?
¿Como se sabe a hora por medio das estrelas? ¿Como se sabe a hora pola sombra de obxectos? ¿Teñen nome as estrelas? ¿Cando nace un neno, nace unha estrela?

8.-¿Está prohibido contar estrelas? ¿Por que? ¿Que lle pasa a quen o fai? ¿Sáenlle tirizós? ¿Por que outros motivos podemos ter tirizós? ¿Que son as lágrimas de San Lourenzo? ¿Pódese mexar en fronte das estrelas?

9.-¿Pódese mexar en fronte da lúa? ¿Pódese expoñer un neno á luz da lúa ou das estrelas? ¿As mulleres embarazadas poden porse á luz da lúa? ¿Que enfermidades collen? ¿Qu remedios e amuletos hai para remedialo?

10.-¿Que anuncia o roibén? ¿Ao anoitecer? ¿Ao amnecer?

11.-¿Que nomes teñen os ventos? ¿Segundo de onde veña o vento, pódese predicir o tempo?¿Poden preñar as mulleres? ¿Poden preñar as eguas? Refráns relativos aos ventos.

12.-¿Quen causa as treboadas? ¿Os nubeiros e as nubeiras, as bruxas, o demo? ¿Como fan para causalas? ¿En que se distingue un nubeiro dunha nubeira? ¿Como se fai para que as treboadas non causen dano? ¿Rezando a Santa Bárbara; tocando as campás; tirándolles a sola dun zapato; queimando tizóns o ramos bendicidos; recollendo pedras; encendendo velas? ¿Hahía cregos capaces de esconxurar as treboadas? ¿Qué campás da comarca son boas para desfacer as treboadas?

13.-¿Quen causa o trono e os lóstregos? ¿Que son as pedras de raio? ¿Como se formaban e como se encontraban? ¿Para que servían?


14.-¿Quen causa a chuvia?¿Como se pide chuvia? ¿Que rogativas se fan e cando?

15.-¿Quen causa a neve? ¿Quen causa a xeada? ¿Hai unha vella que peneira xeada ou neve?

16.-¿Que sinais indican chuvia, treboada, neve, bo ou mal tempo? ¿Que animais (ra, cigoña, cuco, corvo, galiña, galo, andoriña, gorrión, reiseñor, burro, cabalo, cabra, porco, gato, ovella, can, vaca, cobra, lagarto, araña, abella, grilo, formiga...) anuncian o tempo? ¿Como se sabe o tempo que vai facer mirando a lúa, o sol, as estrelas, o arco da vella, as nubes o vento?

17.-¿Como se predi o tempo para as próximas semanas, meses, anos...? ¿Practicábanse as sortes, resortes e contrasortes? ¿Practicábanse as cabañuelas, cabichuelas, canículas? ¿Que outros métodos hai de predicción do tempo? ¿Cando? ¿En xaneiro? ¿En agosto? ¿Como se pode predicir o tempo cunha cebola ou con areas de sal? ¿Que día do ano? ¿Mediante calendarios, almanaques, prognósticos? ¿Como se predice o tempo a derradeira noite do ano? ¿Facíanse monecos de Ano Vello?

18.-¿Quen causa as eclipses? ¿Que indican as eclipses? ¿Mortes; desgracias; guerras?

19.-¿Que anuncia a visión dun cometa? ¿Anuncia desgracias?

20.-¿Que refráns hai sobre cada mes do ano?

21.-¿Que refráns hai sobre pedicción do tempo?

22.-¿Que lendas ou contos hai sobre o mes de febreiro? ¿Morría o gando os últimos días de marzo e os primeros de abril?

23.-¿Que se contaba sobre o día de San Xoán?
________________________
APÉNDICES
INFORMANTES (nome, idade, lugar e data de recollida):

NOME DO EQUIPO DE TRABALLO (Centro escolar, grupo,...):

NOME DOS MEMBROS DO EQUIPO DE TRABALLO:

COORDINADORES/AS DO TRABALLO:

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

Lembra en que consiste o PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Ola compañeiros, estou realizando unha recopilación de todo tipo de tradicións populares vinculadas cos fósiles (nomes populares, crenzas, lendas, usos, supersticiones, etc.), e ata agora non atopei nada de nada.
Tedes algunha pista sobre este asunto que vos expoño?

Enviado por H. Astudillo Pombo o 14/02/2008 ás 20:25:46


Mandaronme facer un traballo sobre a mitoloxia galega.Pareceme un tema moi interesante e esta paxina proporciona moita informacion o respecto.

Enviado por lara magariños espronceda o 06/02/2009 ás 17:46:55


Enviar comentario a este artigo: