Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DIDÁCTICA DA FANTASÍA

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA.
A Enciclopedia da Fantasía popular de Galicia presenta o Proxecto MITOS E LENDAS DE GALICIA.
Comeza cun primieiro cuestionario arredor dos mitos e lendas cosmogónicos e meteorolóxicos (Cuestionario 1). A este seguiranlle novos cuestionarios relacionados con outros temas míticos e/ou lendarios para ir completando, paso a paso, o corpus dos mitos e lendas de Galicia.
Estes cuestionarios son orientativos; o que quere dicir que, sempre que se axusten ao tema que lles dá título, poden ampliarse a criterio dos enquisadores.
Esta proposta vai dirixida especialmente ao profesorado disposto a coordinar grupos de traballo formados polo alumnado, a reponsables de asociacións e a persoas preocupadas polo estudo da nosa tradición.
Galicia Encantada, Enciclopedia da fantasía popular de Galicia, comprométese a publicar os traballos resultantes na sección denominada REVISTA DE INVESTIGACIÓN.
Entre outros condicionantes encamiñados a conseguir un mínimo de rigor nos traballos resultantes, todos sen excepción deben facer constar os seguintes datos:
a.-Área xeográfica onde ser realizou a enquisa (lugar, parroquia, concello...).
b.-Nome, idade e residencia de cada dos informantes que aportan a información así como data e lugar onde se realiza cada unha das enquisas.
c.-Nome do grupo ou equipo de traballo, nome de cada un dos compoñentes e da persoa/as que o coordinan.
Para calquera dúbida ou aclaración sobre estes puntos ou asunto relacionado deben dirixirse a correo@galiciaencantada.com.

METODOLOXÍA. RECURSOS
Recomendamos visitar a páxina do antropólogo e Profesor Auxiliar da Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro Xerardo Pereiro Pérez.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Soy Argentina de nacimiento pero Gallega de corazón y aunque vivo en Alicante, mi mente siempre esta en esa tierra hermosa de mitos y leyendas y ésta página me alimenta el espiritu, gracias por la magia.

Enviado por Vikyo 15/01/2008 as 21,35

Enviado por Viky o 16/01/2008 ás 21:39:00


Descubrir esta página fue para mí descubrir una parte de Galicia muy especial ,la magia que se esconde en todos sus rincones.

Enviado por Elsa o 01/11/2015 ás 0:56:13


Enviar comentario a este artigo: