Actualizado en data 23/11/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DIDÁCTICA DA FANTASÍA

O CEIP de Cervo investiga e difunde o noso lendario co proxecto Erasmus 'Alén de Europa'

A biblioteca do  CEIP de Cervo (Lugo)  integrada no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia),  de xeito coordinado co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Coordinadora do Proxecto Erasmus, está a desenvolver o traballo documental previo á edición do CALENDARIO ANUAL sobre o PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO deste curso 2017-2018. Este ano a temática  son as LENDAS ALÉN DE EUROPA, porque formamos parte dun Proxecto europeo ERASMUS, xunto con estes países: Rumanía, Portugal, Lituania, Grecia, Polonia e Turquía.

Cada clase do colexio, dende infantil ata primaria, elabora unha folla do calendario, de xeito que  cada mes vai dedicado a unha lenda: As Covas do Rei Cintolo, o Apalpador, os Biosbardos, os Trasgos, As Lavandeiras, a Maruxaina... e outros moitos personaxes e seres míticos  da nosa TRADICIÓN POPULAR GALEGA.

Previamente facemos un traballo de investigación e busca de información sobre estas lendas. Para documentarnos preguntamos ás persoas maiores do noso entorno, usamos os fondos  da biblioteca e os recursos que atopamos  nas webs, sobre todo  a páxina de  GALICIA ENCANTADA que coordina Antonio Reigosa.

O produto final será un CALENDARIO DE LENDAS  que difundiremos entre a Comunidade Educativa do colexio e entre os países socios do Proxecto Erasmus.

Unha fermosa maneira de espallar a nosa cultura ALÉN DE EUROPA!!

CADERNOS DE TRABALLO

»Manfada e a Cova do Rei Cintolo

»A lavandeira das Penas da Salsa

»Os Biosbardos

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: