Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DIDÁCTICA DA FANTASÍA

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA (Cuestionario 4)

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA (Cuestionario 4)

MITOS E LENDAS ÉTNICOS
Elaborado por Reigosa, Antonio.
Versión: outubro de 2013
_____________________
1.-Que tipo de rivalidades hai ou había cos pobos veciños?

2.- Que se di dos veciños? Que son parvos, que son demasiado listos, que son uns
ladróns, que son uns estafadores, que pegan ás súas mulleres, que son covardes, que creron que había unha balea nunha poza …?

3.-Que alcumes levan os do pobo e os dos pobos veciños, e que chistes se contan deles? Por que? Hai cancións, ditos … con eses alcumes?

4.-Que se conta dos mouros e dos xudeos, dos carlistas e dos franceses, dos portugueses, dos asturianos, e dos casteláns? Vivían no pobo ou nos pobos veciños? Tiñan rabo? Dicíase que eran xudeos os que cuspen aos demais?

5.-Dicíase que os nenos antes de bautizar eran mouros ou xudeos? Por que?

6.- Que propiedades, imaxes, santuarios ou reliquias se disputan ou disputaban cos
pobos veciños? Hai algunha Virxe ou santo que reclamen varios pobos?

7.-Que festas, romarías e peregrinacións comúns había (ou hai) cos pobos veciños?
________________________
APÉNDICES
INFORMANTES (nome, idade, lugar e data de recollida):

NOME DO EQUIPO DE TRABALLO (Centro escolar, grupo,...):

NOME DOS MEMBROS DO EQUIPO DE TRABALLO:

COORDINADORES/AS DO TRABALLO:

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

Lembra en que consiste o PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: