Actualizado en data 15/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

REVISTA (ISSN 1887-2859)

nº 01 (2005).-BLANCO PRADO, J. Manuel: Os muíños rústicos en Galicia (1)

©José Manuel Blanco Prado (http://www.galiciaencantada.com) _________ TÍTULO: Os muíños rústicos en Galicia (I) [Traballo publicado en: Revista Libredón, Centro Gallego de Santander, nº 35, 1991, D. L.: SA, núm.64-1979 ] Traducido ao galego polo autor. AUTOR: J. Manuel BLANCO PRADO. Foto. Barrio dos Muíños, Mondoñedo (Lugo). OS MUÍÑOS RÚSTICOS EN GALICIA (I). O muíño sempre foi un dos elementos maís vinculados á vida económica e social de Galicia. Dende o punto de vista económico disfrutou e aínda segue a disfrutar dunha gran importancia nalgúns lugares illados. Esta importancia está relacionada coa alimentación humana e a do gando. Relacionada con esta función económica, o muíño representaba un elemento de vida social sendo o centro de manifestacións folclóricas. Para realizarmos unha análise xeral sobre o muíño rústico galego cómpre que distingamos os seguintes aspectos: I. OS TIPOS DE MUÍÑOS. II. O RÉXIME DE PROPIEDADE DOS MUÍÑOS. III. O FOLCLORE NO MUÍÑO. IV. AS PRÁCTICAS MÁXICAS EN TORNO Ó MUÍÑO. I. OS TIPOS DE MUÍÑOS. Como a forza motriz usada para o seu funcionamento era diversa , podemos establecer unha serie de muíños tradicionais segundo a orixe desas forzas. 1.- OS MUÍÑOS DE MAO. Era o sistema máis tradicional. Nesta modalidade distinguimos “o muíño circular”, do que temos interesantes referencias por medio dos innumerables restos atopados nos castros. Este muíño tiña dúas pezas: unha delas, a superior, xiraba sobre a inferior. Este movemento facíase coa axuda dun pao cravado perpendicularmente á “moa” – peza superior- sendo accionado directamente tirando o brazo. Este tipo de muíño, logo da súa etapa inicial, empregouse para moer o grao de millo para os animais, debido á imposibilidade de facer unha fariña fina. 2.- OS MUÍÑOS HIDRÁULICOS. Nesta modalidade é necesario facer alusión a tres tipos: os muíños de rodicio horizontal, as aceas e os muíños de mar. 2.1. OS MUIÑOS DE RODICIO HORIZONTAL. Estes muíños están situados á beira dun río ou arroio, mesmo poden estar alonxados deste. En ocasións, estes muíños posuían un leito de lonxitude abonda, inciado na presa, case sempre formada por unha escolleira de laxas ou pedras de pizarra. Polo xeral, a auga ó chegar ó muíño queda a maís altura, xa que ten que coller a forza necesaria para poñer en acción o mecanismo de rotación, é dicir, logo de que se abre o paso da auga dende o interior do muíño, ésta entra e vai impulsar “ó rodicio”, roda horizontal que transmite o movemento ás demais pezas que forman o sistema mecánico. Do rodicio xorde un eixo vertical, chamado “veo”, “vara” ou outros nomes (etc), que atravesa as pezas de trituración: “o pé”, pedra inferior fixa e a “moa ou capa”, que xira sobre a anterior. As dúas pedras nas que o grao vai convertíndose en fariña, adoitan ser feitas de granito. Non embargantes, éste ten que ser moi especial, xa que se resulta brando por exceso de feldespato, desgástase ó moer e enche a fariña de areas; pola contra, se é duro pulveriza a fariña de xeito excesivo algo que nunca foi aconsellable para a feitura do pan. A parte alta do artificio de moer chámase “moega ou moxega”, e consiste nun tronco de pirámide invertido no que se coloca o grao, que é movido por unha variña de madeira para que vaia caendo na proporción que as moas o requiran, segundo o seu tamaño e a forza da auga, nunha pequena canle de madeira chamada “caneta ou quenlla”. Ligados a estes dous elementos hai uns mecanismos sinxelos e graduables, que ó mover “a caneta” deixan ir o grao polo oco da “moa”. Nos muiños maís sinxelos, chamados de “quendas ou roulós”, a fariña caía directamente ó tremiñado(1). Pola contra, nos muíños maís amplos e complexos, denominados nalgúns lugares “maquieiros”(2), a fariña recollíase nunha caixa colocada no “pé”. Nos últimos muíños deste tipo era moi común o uso de “peneiras”, de maneira que a fariña xa caía peneirada na caixa. 2.2 AS ACEAS. Este tipo de muíños tiña unha roda motriz vertical, que recibía o nome de “bruia”. Ésta podía recibir a au


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Hola,

Son Micael dominguez e son un rapaz de Salvaterra de Miño e o mesmo tempo son universitario e estou facendo o proxecto ou tesis final de carreira e vai sobre o tema dos muiños hidráulicos de Salvaterra de Miño.

Con isto quero decir, que este artigo gustoume moito e pareceume interesante, enton quería saber si cabria a posibilidad de que me puideran votar una man e podrían pasarme algún tipo de información pq nesta zona estou dando voltas e non encontró nada.

Bueno espero que me poidan votar una man. E moitas gracias e perdonen por as molestias.

Moitas gracias

P.D: micaelpsk@hotmail.es

Enviado por micael dominguez o 10/04/2014 ás 14:02:38


Enviar comentario a este artigo: