Actualizado en data 18/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

REVISTA (ISSN 1887-2859)

nº 01 (2005).-BLANCO PRADO, J. Manuel: Os muíños rústicos en Galicia (2)

©José Manuel Blanco Prado (http://www.galiciaencantada.com) _________ TÍTULO: Os muíños rústicos en Galicia (2) Revistade Investigación 1 ISSN 1887-2859. [Traballo publicado en: Revista Libredón, Centro Gallego de Santander, nº 36, 1992, D. L.: SA, núm.64-1979 ] Traducido ao galego polo autor. AUTOR: BLANCO PRADO, José Manuel. Foto: Moega ou moxega para moer o grao. OS MUÍÑOS RÚSTICOS EN GALICIA (2). III.- ASPECTOS FOLKLÓRICOS SOBRE O MUÍÑO. O muíño tivo unha gran grande importancia na vida cotiá das diferentes parroquias e lugares de Galicia. Isto deu lugar ó xurdimento dunha serie de adiviñas, cantigas, contos e refráns que facían mención tanto a estas construccións rústicas e pintorescas da paisaxe galega, como ás labores que neles se desenvolvían. 1.- OS REFRÁNS. Como sabemos, os refráns son sentencias de carácter didáctico ou moral que se transmiten oralmente a través dos séculos. Teñen unha base na espontaneidade, xurdindo como consecuencia dun suceso ou estado transitorio que impresionou a imaxinación. “Os refráns constituen fórmulas de fin didáctico ou moral nados anónimamente e que se transmiten de xeneración en xeneración”(1). Ós refráns, téñenlles chamado “os evanxeos chicos”, e coido que é doada a expresión pola fe que o pobo ten depositada neles. Son tamén algo así como a mantenza do falar popular...”(2). Vinculados cos muíños cómpre facermos alusión ás seguintes sentencias: “Cada un tira da auga pro seu muiño, inda que deixe seco o do veciño”. Fai mención ó egoísmo da persoa. “Muiño parado, non gana maquía”(3). Fai referencia aos muíños que teñen un propietario e que cobran a moenda por medio dunha “maquila ou maquía”. Polo tanto, se non hai moenda o dono non recibe ningunha retribución ó respecto. Non cabe dúbida que o vago, o folgazán e o preguizoso aparecen claramente reflectidos nesta sentencia. “ Muiñeiro do diaño, que a fariña a fai salvado”(4) . Neste refrán faise mención a que o muiñeiro queda coa fariña e da o salvado aos clientes. “Auga pasada, non move muíño”(5). Fai referencia a que as situacións vividas no pasado non cambian as presentes nin inflúen nelas. “Tanto gana a muiñeira co que moe como co que peneira”(6). Trátase dun refrán picaresco que fai mención á moralidade da muiñeira. “O crego i o muíño, cantando ganan”(7). O refrán establece un paralelismo entre o crego e o muíño, que usan o canto como denominador común para o seu sustento. 2.- AS ADIVIÑAS. As adiviñas constitúen un xeito inxenioso de falar que enmascaran algo coñecido, sendo unha maneira de diversión, mentres non se acada a solución. Ademáis da súa función lúdica, ten tamén outra didáctica. “ A adiviña é unha fermosa forma de empregar a linguaxe dun xeito lúdico ó tempo que aproveita para achegar ó individuo a conceptos ou fenómenos difícilmente comprensibles co uso exclusivo da razón e en condicións normais”(8). Hai unha serie de adiviñas inxeniosas que fan alusión ó muíño en sí, a algunha peza, a súa materia prima e ó muiñeiro ou á muiñeira. ¿Qué é unha cousa, que anda e anda, e nunca chega á casa da ama? Resposta: O muíño(9). Qué cousa cousiña será, que da voltas encima do río e sen se mollar? Resposta: O rodicio do muíño(10). Un burro branco, bailando no campo, e baila nun pé e cabalo non é. Resposta: O rodicio do muíño(11). Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca. Resposta : O muíño(12). Máis de mil señoritos entraron por un burato, colleron nome de femia e perderon o de macho. Resposta: Os graus de centeo ou doutro cereal facéndose fariña no muíño(13). Non teño auga, por eso bebo auga, se tivese auga, bebería viño. Resposta: O muiñeiro que non ten auga para moer e non gana cartos para viño(14). ¿Qué cousa, cousa é, que mentres come canta, e se non come cala? Resposta: O muíño(15). 3.- OS<


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: