Actualizado en data 11/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

REVISTA (ISSN 1887-2859)

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 09 (2013).SOLLA, Calros : Alicornos, pedras da pezoña e outras herbas no Museo Liste de Vigo

©Calros Solla Revista electrónica de investigación Galicia Encantada /nº 9/ ano 2013 / ISSN 1887-2859. _____________________ Axiña fará os dous anos, Vitoria Vázquez, directora técnica do Museo Etnográfico Liste (Vigo), tivo a ben contactar comigo co aquel de proporme comisariar unha exposición sobre amuletos, talismáns e outros obxectos de poder, recoñecidos como tal pola nosa cultura tradicional. Vitoria Vázquez, en representación da institución museística, ofrecíame, xentilmente, a posibilidade de encher a sala de temporais do Liste coa miña colección de pezas, levantada a por de patear durante anos a terra de Cerdedo e axuntada grazas ao xeneroso desprendemento dos meus informantes. O meu interese polos amuletos -empregarei a denominación xenérica- agroma alá polo ano 2000 cando, desenvolvendo o meu programa de recolla dos mitos e lendas cerdedenses, batín de fociños con este nicho etnográfico do que apenas existía bibliografía. A miña colección de amuletos acada xa os 300 elementos. Para a exposición (bautizada co nome "De rezos a conxuros"), escolmei 105 pezas, en función da súa relevancia e vistosidade. O cento de amuletos e talismáns escolleitos representaron con xusteza todos os ítems da miña proposta "taxinómica". Segundo a miña interpretación, os obxectos de poder pódense clasificar en amuletos e talismáns. Os amuletos, que anteceden no tempo os talismáns, cumpren basilarmente unha función profiláctica, aínda que o seu emprego como axentes menciñeiros non sexa desdeñábel. Dende o alborexar da memoria, o ser humano fixo por acompañarse de amuletos. As comunidades paleolíticas (cazadores-recolledores) seleccionaron os primeiros recursos apotropaicos no contexto da actividade venatoria. Con certeza, os nosos antepasados outorgáronlles calidades prodixiosas á corna do cervo, á dentame do lobo, aos cairos do xabaril... Así mesmo, os amuletos permiten seren subclasificados baseándonos no reino natural ao que pertencen: amuletos de orixe animal, vexetal e … (seguir lendo)

Alicornos, pedras da pezoña e outras herbas no Museo Liste de Vigo_C. Solla.pdf


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: