Actualizado en data 18/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

REVISTA (ISSN 1887-2859)

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 09 (2013).-BLANCO PRADO, J. M. : Achegas á ermida do San Guillerme de Fisterra (A Coruña)

©José Manuel Blanco Prado Revista electrónica de investigación Galicia Encantada /nº 9/ ano 2013 / ISSN 1887-2859. __________Este centro sagrado foi construído na ladeira oriental do monte do mesmo nome, que se levanta ao pé da igrexa de Santa María de Fisterra ou das Areas, nas aforas da vila de cara ao cabo Fisterra. Accédese ao mesmo dende a estrada do Faro, collendo unha pista que nos leva ao monte Facho. Na metade da subida encontramos na marxe dereita un camiño, que nos leva aos restos da devandita ermida, situada a uns 220 metros de altura. Na súa construción aproveitouse á oquedade natural dun afloramento granítico de grandes proporcións orientado de cara ao monte Pindo, situado ao Leste noutro lado da ría de Corcubión. En canto a súa estrutura a ermida dispoñía de catro alzados de mampostería granítica e unha ara de pedra cuadrangular, adosado ao seu alzado Leste. Ademais a súa cubrición sería probablemente a dúas augas. Posiblemente este centro sagrado foi a morada dun ermitán, que puido ser o Duque de Aquitania , Guillerme X; este peregrinou a Santiago no século XI e foi coñecido polo vulgo como D. Gaiferos. Tamén houbo outro San Guillerme, coñecido polo nome de Gellene. Logo, no século XIV, o cabaleiro Jorge Grissaphan, alude ao Monte de San Guillerme como un lugar moi solitario, deserto e apartado dos homes e das súas vivendas, situado entre montes altísimos, que case ninguén frecuentaba. Posteriormente, a ermida aparece en numerosas citas como lugar de peregrinaxe. Así, no século XV, o polaco Nicolás Popielovo, gaña indulxencia plenaria nesta ermida. Un século despois o veneciano Bartolomé Fontana recorda o hospital e fala dos guías, que conducen aos peregrinos ata a ermida do San Guillerme. Esta ermida estivo asociada ao culto ao sol e relacionada con ritos da fecundidade … (seguir lendo)

ACHEGAS Á ERMIDA DO SAN GUILLERME DE FISTERRA.pdf


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: