Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fonmiñá

Fonmiñá é o lugar dun dos nacentes do río Miño e está na parroquia de San Salvador de Fonmiñá, concello da Pastoriza (Lugo). A outra fonte do río Miño está no Pedregal de Irimia, no veciño concello de Meira (Lugo). »Moitas veces lle dixeron os frades, os Padres Pasionistas do Convento de Vilaoriente, tamén coñecido como Os Picos, en Mondoñedo, que en Fuente Miña, cando lle daban leccións de Geografía, que escapárase unha parexa de bois con un carro e co paisano no carro e que non fora capaz, por un susto, de paralos. E que se meteran a Fuente Miña e que se sumergiron de tal forma que os veciños, e moita xente, anduveron á expectativa todos os días buscando a ver se aparecía algún resto... pero nunca máis nada pareceu. Os bois e mailo carro e o paisano sumergíronse e nunca máis pareceu nada».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Tamen quixera saber que se pènsa facer de ese convento dos picos de mondoñedo. Hay moitos recordos, o mismo da Alcántara O padre Gumersido, O padre Eugenio, o hirmao Manuel, Hilario, Abencio, Jesus, Valeriano, Esteban, Lino...O padre Lino ¿que foi del? e moitos mais. Estab Anido de Gaibor, o seu hirmao Ricardo, Julio Fuentes....

Enviado por F. Gutierrez Ríos, de Riotorto o 28/03/2008 ás 20:56:55


Tamen eu conozo ben o convento dos picos de Montoñedo. Moito me alegraria ter correo con algunhos que tuvérades por alí po los anos 47 ou 50

Enviado por F. Gutierrez rios o 28/03/2008 ás 20:52:56


Enviar comentario a este artigo: