Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

A orixe dos topónimos Bendollo e Bendilló

Os nomes de Bendollo e Bendilló veñen, según a sabedoría popular e as tradicións de que como son pobos que están separados por unha valgada pola que pasa un regato, e berrando un pouco síntese, pódese falar dun ao outro. Pois nun vivía un irmao, en Bendollo,  e o outro vivía en Bendilló. E o de Bendollo tiña un galo, creo que moi grande, cuns espolóns! Bueno, que era famoso en toda a zona porque era o que cacarexaba por todo o val, e sentíase e despertaba a todo dios. E por alí pasaba o camiño a Castela e un tratante maragato quixo comprarllo, porque xa o coñecía doutras veces. E entónn fíxolle unha oferta pois, non sei de cantos pesos sería naquel tempo. Unha oferta moi tentadora, moi tentadora. E ao home dáballe pena vender e chamou ao irmao de Bendilló e berroulle. E díxolle:

—Ai, fulano, véndollo?

—Víndello, ho!

E aí quedou o nome de Bendollo e Bendilló. Esa é a explicación, diríamos popular, non lingüística.

[Transcrición do audio que se anexa]

Recompilador: Fran Bouso. Abril de 2015. 

Informante: Manuel Fco. Cao Rodríguez, San Clodio, Ribas de Sil (Lugo)

Localización dos lugares referenciadosBendollo e Bendilló pertencen á parroquia de Bendollo, concello de Quiroga (Lugo).

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: