Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Pena Ferrada

 

Entre as aldeas de Vilouriz e Vilamor, concello de Toques (A Coruña) existe un treito, hoxe en desuso, do trazado do Camiño Primitivo ou de Oviedo, considerado por Javier Gómez Vila como un tramo da vía XIX do itinerario de Antonino. Na actualidade vese con claridade, a pesar de estar interrompido por un prado, a caixa da vía ou calzada que discorre a media ladeira. Consérvanse nalgúns tramos restos de enlousado e rodeiras de carro marcadas na rocha. A rocha nesa zona é de gneis, coñecida nesta comarca como ollo de sapo.

Nun alombamento que debuxa a rocha, nese treito, que se coñece como a Pena Ferrada, aparecen gravados dous podomorfos, moi atípicos, xunto a unha cazoleta. 

É moi probable que o topónimo Pena Ferrada faga mención a estas gravuras, en forma de pezuños ou pegadas de animais. Os veciños das aldeas sosteñen, baseándose na tradición popular, que responden a milagres entroncados co mundo cristián.

 

Uns din que cando un peregrino que ía facendo o camiño ata Santiago, a cabalería que o levaba axeonllouse, deixando as pegadas das ferraduras e do xeonllo na pena. Outra versión atribúeo a cando a Virxe ía de camiño co Neno, a burra axeonllouse, deixando as pegadas das ferraduras e do xeonllo.

[Texto e fotos remitidos por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Febreiro de 2015]


 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: