Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

O mariscal Pardo de Cela e o topónimo Oirán

Oirán é o nome dunha parroquia do concello de Mondoñedo, lindante coas veciñas parroquias de Carballido e Adelán, no concello de Alfoz (Lugo).
O relato que transcribimos a continuación (tamén se pode escoitar o audio que achegamos, unha gravación de Fran Bouso a Ramón Pérez, veciño de Oirán, realizada en xullo de 2013) conta a suposta orixe do topónimo, orixe que se relaciona co paso polo lugar do mariscal Pedro Pardo de Cela cando o levaban preso (ano 1483) desde o Valadouro a Mondoñedo.


Dice a tradición que alí, que lle puñeran á parroquia o nombre de Oirán porque cando prenderan ao mariscal Pardo de Cela que o trouxeran por alí para executalo aquí en Mondoñedo. E como había unhas cantas casas que dixeran: —Oirán ou non oirán? (pasar con el).
Dícese que lle quedou o nombre por eso
.

© Galicia Encantada
_____________________________


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: