Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

A orixe do topónimo Cervantes

Moito se ten elucubrado sobre a orixe deste topónimo que deu lugar ao nome do municipio de Cervantes: terra de cervos, berce de Miguel de Cervantes, alusión a relevos do terreo e das augas (Moralejo)... César Brandariz vén de publicar El hombre que "habla difícil". ¿Quien era realmente Cervantes? (2011) no que informa da localización do orixinal dun documento de Rodrigo Méndez Silva (1600-1670), un xenealoxista portugués que foi cronista de Felipe II, onde di que Miguel de Cervantes Saavedra é "orixinario de Cervantes, en Sanabria, no antigo Reino de Galicia". No apartado adicado á xenealoxía do alcalde de Toledo, Nuño Alfonso, de orixe galega, refírese a Miguel de Cervantes como un dos seus ascendentes. Méndez Silva fai mención dun manuscrito de Florián de Ocampo (1513-1590) custodiado na librería do Conde de Lemos, protector do escritor. Neste documento fálase de que membros da familia de Cervantes desprazáronse no ano 1577 a Sevilla, Extremadura e México. Entre outros documentos, Brandariz cita un documento do desaparecido Colexio dos Xesuítas de Monterrei, na comarca de Verín, cuxas páxinas están escritas na caligrafía de Cervantes. César Brandariz afirma, ademais, que non existe ningún documento non falsificado no que Miguel de Cervantes se declare de Alcalá de Henares.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: