Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

COLABORADORES

Ilustradores: Noemí López

Noemí LÓPEZ
Levo practicamente toda a miña vida en Lugo onde me formei como deseñadora gráfica, decantándome pola ilustración. No campo do deseño gráfico traballo fundamentalmente o cartelismo, tras ter gañado algún certame.
Paralelamente comecei a facer ilustracións para outros soportes como xornais e revistas, e pouco despois, a ilustrar libros de literatura infantil e xuvenil, así como libros de texto, libros de natureza, cubertas de libros, catálogos, soportes multimedia, …etc.
Como ilustradora teño participado en diversas charlas e sesións-obradoiros de fomento para a lectura, e exposicións colectivas sobre ilustración.
Traballei como debuxante de animación despois dun periodo de formación en Limaía Produccións. Actualmente continúo a traballar neste campo.

Premios
Cartel San Froilán 94 / Cartel San Froilán 98 / Cartel Entroido 2000, Lugo / Premio Extraordinario 1996, Escola de Artes Ramón Falcón, Lugo.

Bibliografía
-"PODESVIR" (Fina Casalderrey, SOTELO BLANCO).
-"AS PORCAS PORQUIÑAS" (X. Antonio Neira Cruz. Biblioteca NOVA 33, Caixa Galicia).
-"XOGRAR CANGAS E ASOCIADOS" (X. Antonio Neira Cruz. GÁLIX, Xunta de Galicia).
-"MARÍA ESTÁ A PINTA-LO MAR" (X. Antonio Neira Cruz, Xunta de Galicia).
-"OLO - IEPU - IEPU" (Paula Carballeira. GALAXIA).
-"OS CATRO AMIGOS" (Adaptación Xoán Couto. KALANDRAKA. Reeditado para Corea)
-"ADIVIÑAS PARA XOGAR" (Sabela Álvarez Nuñez. IR INDO).
-"MARÍA ESTÁ A PINTA-LO MAR" 2ª versión (X. Antonio Neira Cruz. EVEREST GALICIA).
-"OS LADRÓNS DE TIXOLAS" (Xosé A. Perozo. IR INDO).
-"AS PORCAS PORQUIÑAS" 2ª versión (X.A. Neira Cruz. EVEREST GALICIA).
-"ÉRASE UNA VEZ...LUGO, PÉCS, TANUM, VERONA." (varias autoras. Editado polos concellos de Lugo, Pécs, Tanum e Verona para o "European World Heritage Project").
-"A ALFOMBRA FALSA" (Xavier López Rodríguez, editado por Everest Galicia).
-"A RAPOSA NO GALIÑEIRO" (Antonio Reigosa. Museo Provincial de Lugo).
-"ENDRINA E O SEGREDO DO PEREGRINO" nova versión (Concha López Narváez, GALAXIA).
-"A VIAXE A COMPOSTELA DE RENATO RATONI" (X. Antonio Neira Cruz, Exposición "A Viaxe a Compostela de Cosme III de Medici", Xacobeo 2004).
Ilustracións en Galicia Encantada: A meiga dos dentes verdes / A serea de Mogor / Teresa da Creería, a panadeira dos mouros / Demiños lambóns / A meiga de Brántega / A bruxa da aldeia.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: