Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Webs encantadas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cadernos de Fraseoloxía Galega

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP), creado polo Goberno galego para complementar e impulsa-la investigación que na lingua e cultura de Galicia veñen realizando as tres Universidades galegas, leva algúns anos apoiando a construción dun Tesouro de Fraseoloxía Galega (TFG), mediante a recolleita de material fraseolóxico e a informatización do inmenso caudal que estaba disperso en traballos da máis diversa índole, importancia e difusión. O corpus fraseolóxico galego non é infinito pero é moito maior do que ordinariamente se pensa e unha das metas científicas do CIRP é descubri-la súa verdadeira dimensión e devolverllo á sociedade organizado e funcional coas ferramentas que hoxe a técnica permite.
¿Por que uns Cadernos de Fraseoloxía Galega (CFG)?
Primeiro, porque algúns dos materiais que chegan para incorporar ó TFG, teñen entidade, pola súa riqueza lingüística, etnográfica ou fraseolóxica, como para mereceren unha edición propia, que facilite a súa rápida difusión primeiro en libro e despois na Rede.
Máis do que parece, necesitamos protexer da desaparición moitas recolleitas fraseolóxicas. Por poñer un caso, en xullo de 1936 o asalto e incendio dunha imprenta en Toledo fixo desaparecer para sempre toda a edición dun Refraneiro galego do P. Gumersindo Placer: o autor gardou durante algún tempo como un tesouro unhas probas de imprenta pero extraviounas nun traslado e, por máis que cacheou, xa nunca as deu levantado. Seguen aínda inéditas importantes coleccións fraseolóxicas. De por parte, é sabido que, cando morre a persoa que dedicou longos anos de intenso traballo a recoller elementos culturais sen que os seus manuscritos visen a luz, con moita frecuencia estes corren o risco da dispersión ou mesmo da desaparición, se non atopan uns herdeiros con sensibilidade e medios.
Enlace a [[Cadernos de Fraseoloxía Galega]]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: