Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Fonte Santa da Fonsagrada

A orixe do topónimo e do comezo do poboamento do lugar da Fonsagrada, hoxe capital do concello do mesmo nome da provincia de Lugo, ten que ver coas virtudes desta fonte: »Antes a Virgen de Fonsagrada taba na Pobra de Burón. Alí taba o juzgado e o ayuntamiento, taba todo; era unha gran puebla. E despois o cura vía aí un bon sitio, aí pa riba, para donde ta A Fonsagrada, e había unha fonte milagrosa alí, que hoi non beben nin as vacas nela, e corre, pero parece que é ruín a auga. E [o cura] levaba a Virgen para alí. E veña, iban por ela para Puebla de Burón pero a Virgen volvía a marchar de noite pró Carballal, prá Fonsagrada. E dixeron: —Bueno, hai que lle facer unha ... . Entonces, a Virgen non quere parar aiquí. E dixo o cura: —Hai que lle facer unha capilla arriba onda a fonte. Que é onde ta. E levárona para alí e por eso ven hoi o nombre de Fonte Sagrada. Foi cuando había o Camín de Santiago por aí. E despois viñan os peregrinos peregrinar aí e foi cuando deu en correr o pueblo para alí. Traían os cuartos para onda a capilla e non os levaban para Puebla, e foi cando subiron todo para riba. Esa é outra leienda».

Outra versión, esta de A. Fraguas:

«Pode se-la fonte a que dá nome ó lugar, como A Fonsagrada. A orixe do seu nome é a razón dun milagre. Vivía nunha casa da xurisdicción de Burón unha muller pobre cun fillo. Un serán de nevisca, xa á noitiña, pediulle pousada un peregrino. A muller ía facer un boliño e díxolle ó peregrino que non tiña máis fariña ca aquela e que non tiña leite. O peregrino díxolle que o cocese no forno. Cando estaba cocido era un molete grande que case non saía pola porta do forno. Mandouna buscar unha xerra grande de auga á fonte e puxo a xerra enriba da mesa e cando foi colle-la xerra de auga era leite, e o peregrino xa marchara. Era o apóstolo Santiago que viña de peregrino e por iso se·coñece a vila co nome da Fonsagrada».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

A miña avoa Balbina de Perico de S.Martín de Suarna contoume que o topónimo de A fonsagrada provén dunha fonda que había no camiño de arrieiros desde a Ferreria da Cuíña a Lugo. A Fonsagrada vila nacería en torno a ese camiño principal, dado que a capitalidade era a Pobra de Burón,iso explicaría a formación en pobo-rúa.A dona da fonda chámabase AFONSA e como ademais eran labregos adoitaba a traballar na terra,co cal o seu home cando lle preguntaban onde estaba Afonsa e que facía... sempre respondía:-AFONSA GRADA e daí o seu nome...!!!

Enviado por Gloria Fernández Blanco o 30/11/2012 ás 21:02:50


Enviar comentario a este artigo: