Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os Pagaíños

Onde chaman Pena do Golpe, preto da Pena Abaladoira do Pereiro, en Alfoz (Lugo), hai unhas penas que levou para alí unha vella ás costas. Naquelas penas viven uns encantos, ou mouros, que alí chamana pagaíños. Teñen figura de persoas, ás veces levan a cara oculta tralos uns pelos longos, visten roupa vella e rota, e andan descalzos. Lávanse no medio do río e non soen contestar á xente que lles fala. Ás veces non se se deixan ver pero séntense, pois se non te apartas do camiño tíranche pedras e areas, e ata poden tumbar a quen non lles deixa paso. Víanos bailar e cantar, que o fan moi ben, enriba da Pena do Golpe e das Penas do Pozo Mouro. Tamén disque os hai que viven no castro do Coto da Croa, na Arnela, e no castro da Rúa, a menos dun quilómetro da Pena Abaladoira, e son os constructores de todos os recunchos, covas, buratos, pías e demais figuras que teñen os penedos de todo o Xistral.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: