Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena Cabezuda de Milleirós

En Milleirós, no concello de Carballedo (Lugo), a uns mil metros da casa da señora Macedonia, que vive no campo, no cimo da aldea, está a Pena cabezuda, e moi preto as penas da Casa e a da Barca.

Na Pena Cabezuda, segundo a señora Macedonia, " estiveron os mouros, din que andaban por baixo da terra. Eu non os vin. Dicir dicían que estaban alí: nas penas deixaron as marcas e se chamaban letras Zacocho, Tucho e Cachote ...".

A súa neta, Concha Alvarado, conta que "o señor Calviño dicía que no camiño á Pena Cabeuda se atopaba ouro se se ía con pata de cabra ou roda de carro..."

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: