Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cubicia, Santa

Santa Cubicia é o nome dun lugar da parroquia de Hospital, concello de Quiroga, (Lugo). Non existe nome de muller nin de santa que se chame así. Supoñemos que terá que ver coa cobiza e pode ser unha enxeñosa santificación do desexo de gozar do que non temos. Sen embargo, esta Santa Cubicia forma parte por dereito do imaxinario pois alí, na tasca do Avelino de Santa Cubicia, localiza Anxel Fole algúns dos seus sucedidos.
No Garsuinis, texto coñecido tamén como A Garcineida, fálase da Santa Cobiza. O Garsuinis é unha parodia escrita a finais do séc. XI, atribuída a un anónimo coengo toledano, constitúe unha magnífica sátira contra o papa Urbano II e outros gobernantes da igrexa da época a propósito do comercio de reliquias, da gula e da cobiza . Nesta ficción menciónase a capela de Santa Cobiza e sitúase ao lado da de Santa Desexosa, non lonxe da basílica da Avaricia.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: